Skip to Content

Libros de Texto

Libros de Texto curso 2022/23. Infantil, Primaria e ESO

INFANTIL

1º ED. PRIMARIA

2ª ED. PRIMARIA

3º ED. PRIMARIA

4º ED. PRIMARIA

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

 

Os libros de INFANTIL non se deben comprar ata setembro (esperar a falar coa titora)

Os libros de 4º Ed Primaria, 2º ESO e 4º ESO tampouco se deben comprar ata setembro (esperar a ver a existencia de libros que ten o centro)

Os libros de 3º Ed Primaria,  1º ESO e 3º ESO pódense ir reservando nas librerías (só os que non lle toquen no reparto de libros feito polo centro e publicado na porta de entrada).

Lista DEFINITIVA de FONDOLIBROS

Publícase a listaxe DEFINITIVA de solicitudes admitidas en FondoLibros para ESO e PRIMARIA.

Os interesados poderán consultar o seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán" en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Tamén estarán dispoñibles ditas listaxes no cortizo da entrada do CPI.

As familias que teñan dereito a eles poderán recoller o vale de material (ESO E PRIMARIA) ou o vale de libros (1º e 2º de Ed Primaria) nas seguintes datas:

XULLO: do día 11 ao día 20 (incluido) 

SETEMBRO: do día 1 ao día 7

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)

ENLACE APLICACIÓN FONDOLIBROS

Vixencia Libros de Texto

Achégase a Orde que regula a vixencia dos libros de texto en Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130530/AnuncioG0164-240513-0006_es.html



by Dr. Radut