Skip to Content

-

C.P.I. AS REVOLTAS

Cabana de Bergantiños

 

Correo electrónico: cpi.asrevoltas@edu.xunta.es 

Teléfono: 981 754 236 

Fax: 981 754 243 

Comezo das clases en setembro de 2014 (curso 2014/2015)

- As clases comezarán en educación infantil e primaria o día 10 de setembro de 2014 de 10:00 a 11:30 horas. Haberá servizo de transporte escolar.

 

- As clases comezarán en ESO o día 15 de setembro de 2014 de 09:10 a 11:00 horas. Haberá servizo de transporte escolar.

 

Máis información no ficheiro adxunto.

Probas avaliación extraordinaria setembro curso 2013/14

Nesta sección poderase atopar a organización das probas extraordinarias de setembro correspondente ao curso 2013/14.

Solicitudes para usar o comedor escolar no vindeiro curso 2014/2015

Os pais dos alumnos interesados en facer uso do servizo de comedor escolar durante o vindeiro curso 2014/2015 presentarán na secretaría do centro ata o 10 de setembro de 2014 o modelo de autodeclaración da renda do ano 2013 (ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS) ou, nos casos nos que non sexa necesaria a autodeclaración, presentarán unha solicitude para utilizar o comedor no vindeiro curso 2014/2015.

Listaxe de libros de texto para o curso 2014/2015

No seguinte ficheiro pódese consultar a listaxe de libros de texto de tódolos cursos das ensinanzas que se imparten neste centro (educación infantil, primaria e ESO).

 

Excursión 3º e 4º de ESO ao Monte Pindo

O pasado día 18 de abril o aguerrido alumnado do CPI As revoltas acadou o Cumio do Monte Pindo partindo dende a localidade do Pindo. Durante a travesía poidemos valorar o impacto dos recentes lumes que este verán arrasaron este paraxe, así como desfrutar das espectaculares vistas e do paisaxe granítico do chamado Olimpo Celta. 

O  gran estado físico amosado polo grupo, fai pensar aos organizadores buscar novos retos no futuro.

 

 

 

EXCURSIÓN DO 2º CICLO AO MUPEGA E CATEDRAL DE SANTIAGO

O alumnado de 2º ciclo de EP ten prevista unha excursión a Santiago o vindeiro 7 de marzo. Imos visitar o museo Pedagóxico de Galicia e tamén o casco antigo da cidade. Será necesario sair un pouquiño antes do habitual, ás 9:15 e voltaremos ás 17:00 horas.

 

 

.

 

.

 

 

EXCURSIÓN DO 2º CICLO DE EP AO MUNCYT E Á TORRE DE HÉRCULES

FOTOS DA EXCURSIÓN DO 2º CICLO DE EP AO MUNCYT E Á TORRE DE HÉRCULES EN NOVEMBRO

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut