Skip to Content

E.D.L.G.

Teatro con G

Este curso, a Coordinadora de Equipos de Normalización de Ferrolterra, ofertounos aos centros asociados, a actividade de "Teatro con G".

Puidemos gozar de dúas obras; unha enfocada a Infantil e Primaria, "As pitas baixo a choiva" de Teatro dos Ghazafelhos, adaptación do conto de Carvalho Calero.

E outra enfocada a Secundaria "De Carvalho Calero a Xela Arias”, interpretada por Serafín Marcos, facendo un percorrido pola vida e obra da escritora homenaxeada este ano e dedicando unha parte da súa representación a Ricardo Carvalho Calero, galardoado o ano pasado.

Deste xeito, boa parte do alumnado do centro, gozou das obras o día de celebración das Letras Galegas.

Graciñas á CENLF por esta oportunidade!

Twitch "Dígocho eu!"

O pasado 12 de maio o programa do G24 "Dígocho eu!", estreouse no Twitch.  E para facelo, contou coa presenza de 6 centros seleccionados de toda Galicia.  E nós fomos un deles!!

Gustounos moito a experiencia, poder falar con Esther e vivir un rigoroso directo!

O alumnado gozou moito da actividade, e estamos dispostas a repetir cando sexa!

A continuación deixo as fotos do día.  E se picas na foto de Esther, podes acceder á gravación do directo (nós saímos en 1h 19´Guiño).

Premiadxs Poesía e Imaxe 2020

O curso pasado non se puido facer entrega dos premios do concurso "Poesía e Imaxe", organizado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística de Ferrolterra, debido á pandemia.

Pero si que nolos fixeron chegar este curso.  Aquí están:

Traballo colectivo de 6º de Educación Infantil, sobre un poema en L. Portuguesa.

Matilde Lamas Díaz, sobre un poema en L. Portuguesa

Sara Fernández Rama, sobre un poema en L. Galega.

Da cal non temos fotografía.

Martín Rey Senra, sobre un poema en L. Galega.

Parabéns a todxs xs premiadxs e que sigamos colleitando éxitos!!

Letras Galegas 2021

LETRAS GALEGAS 2021

XELA ARIAS

15 ideas de LETRAS GALEGAS 2021 | letras, clinicas de ginecologia, hospital  de la caridad

No seguinte enlace, podedes acceder ás actividades do Seminario Galán, con varias opcións e unidades didácticas para tódolos niveis da ensinanza.

Neste outro, podedes atopar unha escolma de recursos varios para poder traballar a escritora homenaxeada.

E neste outro, máis recursos aínda!

Un máis!  Un escape-game sobre a escritora homenaxeada.  Pica aquí!

Que vivan as nosas letras!!

23 de abril. Día do libro

8 de marzo. Día da muller

PARA VER AS ACHEGAS REALIZADAS POR DISTINTAS PERSOAS DA COMUNIDADE ESCOLAR, PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER, PREME NA IMAXE

O semanario Sermos Galiza publica en aberto un especial con motivo do Día  da Muller

Día de Rosalía

PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN DAS DISTINTAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Amores Gatunos

Pica nos gatiños para ver as orlas de Amores Gatunos

11 de febreiro. Día da muller e a nena na Ciencia

PICA NA IMAXE PARA PODER ACCEDER AO PDF E AOS ENLACES!

PREME NA IMAXE PARA PODER ACCEDER Á PRESENTACIÓN DA CELEBRACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut