Skip to Content

Novas

RAP da Circulación

Para concienciar as familias sobre a circulación na entada a escola polas mañás.

FORMULARIOS ANPA 2021-22

ABALAR MOBIL

    PREGAMOS ÁS FAMILIAS QUE SE DEN DE ALTA NO ABALAR MÓBIL

    A esta aplicación poden acceder dende:

    1. A web (Con DNI electrónico ou Certificado Dixital) clica na imaxe 

    1. Ou a través da Aplicación do teléfono móbil. Descargada dende Google Play ou APP Store.

    Clica na imaxe para acceder a aplicación para teléfonos Android.

    Deste xeito  as familias ou titores legais poderán:

    • Consultar os avisos e notificaciós do profesorado ou do centro educativo.
    • Acceder aos datos persoais.
    • Consultar as calificacións.
    • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
    • Consultar as faltas de conduta.
    • Solicitar una cita de titoría.
    • Consultar los datos del centro educativo.
    • Consultar as incidencias creadas polo profesorado

    Clica na imaxe para acceder a

    aplicación para Iphone e Ipad.

    NOVO APARTADO "WhatsANPA"

    Neste novo apartado tedes as instruccións para unirvos á canle de difusión creada no whatsapp para unha millor e máis rápida comunicación coas familias.

    NOVO APARTADO "DESCONTOS"

    No novo apartado adicado a descontos poderedes estar ó día dos negocios que se acollen ó programa de descontos para socios da ANPA BEIRAMAR, lembrade que tedes que presentar o carné de socio.

    A Xunta Directiva da ANPA Beiramar convoca unha Asamblea Xeral Ordinaria

    Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

    Estimadas familias:

    A Xunta Directiva da ANPA Beiramar convoca unha Asamblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o xoves 10 de

    outubro de 2019 na Casa de Cultura ás 18 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en

    segunda convocatoria. A orde do día será:

    1. Renovación da Xunta directiva. Presentación de candidatos e constitución da nova Xunta directiva.

    2. Memoria de actividades do curso 2018-2019 e previstas para o curso 2019-2020.

    3. Estado de contas.

    4. Aportacións e consultas.

    A ANPA precisa da axuda de persoas implicadas e dispostas a traballar polo ben dos nosos fillos e fillas.

    Toda colaboración é necesaria e benvida sempre, pero ademáis nesta ocasión precisamos renovar os cargos

    da Xunta Directiva. Se estades dispostas e dispostos a formar parte dela, por favor, acudide á Asamblea.

    Se non vos fora posible asistir pero queredes colaborar, poñédevos en contacto coa ANPA por teléfono,

    whatsapp, correo electrónico ou deixando os vosos datos no buzón da ANPA.

    Por outra banda, estamos traballando en colaboracións con algunhas empresas que ofrecerán descontos ou

    outras vantaxes para os socios da ANPA. Por iso, ao finalizar a asamblea farase entrega de CARNÉS DE

    SOCIO xa que serán necesarios para identificarse como tal.

    Correo: anpabeiramar.atios@gmail.com Tlf: 649 703 348

    ASAMBLEA DE SOCIOS DA ANPA

    Bo día! Lembrámosvos que temos convocada asamblea xeral para hoxe, martes día 19 de setembro ás 18:30h. en primeira convocatoria e ás 19h. en segunda na Casa da Cultura coa seguinte orde  do día:

    1. Cambios na Xunta directiva. Presentación e solicitude de novos membros.
    2. Estado de contas e informe de previsión de gastos.
    3. Comezo de actividades extraescolares.
    4. Aportacións, consultas e propostas.


    Como este último punto atinxe a pais non socios, convocamos tamén a todos aqueles que estean interersados en mandar os nenos a actividades e informamos os socios da súa asistencia.

    ​Contaremos coa presenza dos monitores que contestarán ás vosas dúbidas e vos informarán do desenvolvemento das distintas actividades.​

    Para calquera destas xestións é imprescindible cubrir as follas de inscripción, xa que necesitamos os nomes completos de pais e nenos así como teléfono de contacto.

    Para socios e actividades deberedes  aceptar ou non a cesión de imaxes que aparece nos formulario. Grazas  por facilitarnos o traballo.

    Aquí tedes o formulario con toda a información. Podedes cubrilo e entregárnolo na asamblea ou deixalo na secretaría do cole ó longo do que queda de mes. Animádevos a participar!!!!!

    DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

    dende a ANPA do noso cole hoxe celebramos o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS e felicitamos á Asociación de Persoas Xordas de Ferrol polo seu brillante e inestimable labor. estamos todos convidados a participar nesta celebración. aproveitamos para informarvos que no próximo curso a lingua de signos será unha das actividades extraescolares. se queredes saber máis o venres temos asamblea ás 18:00 no cole e virá unha persoa da AXF a falar con nós. asistide, esperámosvos!!!!

    Os morcegos e o CPI de Atios na TVE 2

    Xa está aquí, o programa "Que Animal" adicado ás Fragas do Eume, e aos morcegos.
    No minuto 19:53 sae o noso cole Cpi Atios Autorizada e a aula de infantil e Yago Cadarso.
    Foi emitido o domingo 4 de xuño na TVE2 as 6:45 da tarde.

    Forma parte dunha serie de documentais sobre ciencia e seres vivos en toda España.
    Os nosos nenos , fantásticos!!

    AVISO INTERRUPCIÓN TEMPORAL EXTRAESCOLARES

    Aínda que mañá, luns 24, se reinician as clases, as actividades extraescolares que se desenvolven no cole quedan suspendidas por seguridade xa que polas tardes traballarán na reparación dos desperfectos. a actividade de piscina segue sen cambios ao realizarse fóra do cole.

    Informan de dirección que as entradas e saídas se farán con normalidade e polos sitios de sempre, tanto para os que veñen en transporte escolar como os que veñen en coche particular.

     O servizo de comedor tamén funcionará con normalidade.

    Distribuir contido


    by Dr. Radut