Skip to Content

E.D.L.G.

Día da Paz 20/21

Este curso, para celebrar o Día da Paz, fixemos varias actividades;  entre elas, colocamos lazos no exterior do noso centro, escribindo en cada un deles un desexo de paz, amor, amizade...

E o alumnado de Infantil, tamén fixo a súa versión do Gato da Paz do artista Nick Gustafson.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER A PRESENTACIÓN!

Rainbow Painted Peace Digital Art by Nick Gustafson

Programa Nadal 2020

Se picades na imaxe, teredes acceso ao programa que se fará en rigoroso directo para celebrar o Nadal e a chegada dun ano novo.

Por se a alguén lle falla a conexión a Webex, picade AQUÍ para poder facer as badaladas ás 12:00.  Ollo que comezan nos cuartos!!

E picade AQUÍ, para poder poñer a canción que bailará todo o centro.

Lembrade que o acceso á retransmisión en directo por Webex está na postal de Nadal que hai xusto debaixo.

Esperamos que gocedes do día e teñades unhas moi boas festas e entrada de ano!!

Celebración de Nadal

Concurso de cabazas, colares de zonchos e centros de outono

Se picades na imaxe, abriravos a presentación cxs gañadores e participantes.

Parabén a todo o mundo, porque foi moi difícil escoller!

Recursos para o Día contra a Violencia de Xénero

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A continuación deixo uns enlaces a páxinas onde podedes atopar distintas propostas para traballar co alumnado sobre este tema.

Unidade didáctica para Infantil e Primaria "A Igualdade coma solución".

Unidades didácticas para Infantil, Primaria e Secundaria.

Proposta de actividades dende Igualdade de Xénero da Deputación de A Coruña.

Canción do CPI: Que ninguén corte as túas ás!

Nin unha menos!!  Nin unha máis!!          

Recursos para o Día contra a Violencia de Xénero

Se picades na imaxe, teredes acceso ás propostas para traballar este día.

Mes da Ciencia en Galego

Pica na imaxe para poder ver como o celebramos!

Conferencia Mes da Ciencia en Galego

O mes de novembro, é o mes da Ciencia en Galego, para poder mostrar que a lingua é válida en calquera disciplina.

Para poder celebralo no CPI Atios, ademais de contar coa colaboración da nosa Biblioteca, tamén participamos co alumnado de 4º da ESO, o pasado luns 16, de 12:45 a 14:00 h., na Conferencia on line que ofreceu a Secretaría Xeral de Política Lingüística e Igaciencia, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Impartida por Sonia Villapol Salgado, muller galega científica do Centro Médico de Texas (EEUU), que forma parte do equipo de investigación internacional da covid-19, na que nos falou sobre o Coronavirus, como evitalo e como combatelo.

Enquisas sociolingüísticas

Cada catro anos debemos elaborar as enquisas sociolingüísticas para o deseño posterior do Proxecto lingüístico de centro (PLC). 

Estas enquisas son anónimas. Para realizalas, picade no enlace correspondente a alumnado, familias, profesorado ou PAS, co código que se vos facilitou.

Enlace para ALUMNADO

Enlace para FAMILIAS 

Enlace para PROFESORADO

Enlace para PAS

Graciñas pola vosa colaboración!

Distribuir contido


by Dr. Radut