Skip to Content

NOVAS

POR QUE UNHA HORTA ESCOLAR?

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

POR QUE UNHA HORTA ESCOLAR?

A horta escolar é un recurso educativo no que prevalecen os criterios pedagóxicos sobre os agrícolas. Non é soamente unha parcela na que cultivamos tomates e leitugas, senón un espazo dentro do Centro no cal abordarmos unha serie de contidos encamiñados a desenvolver as capacidades dos nosos nenos e nenas.

Nela podemos traballar a lateralidade, a orientación espazo- temporal, a motricidade fina, a exploración cos sentidos, podemos facernos preguntas e desenvolver estratexias de investigación, realizar observacións de seres vivos, interrelacionar conceptos de diversas áreas...

E ademais de todo isto, podemos prolongar o traballo na aula elaborando calendarios, investigando en internet ou na biblioteca e transformando os froitos obtidos en deliciosos pratos de cociña.

Nestas actividades desenvolvemos a socialización e o traballo en equipo, secuencializando e respectando as quendas naturais, favorecemos a valoración do propio esforzo e a súa relación co aprecio aos produtos conseguidos, a importancia da constancia e a orde, etc.

Traballando con elementos tan primarios e vitais como a comida, a auga, a terra e o sol, o horto escolar proporciónanos o soporte idóneo para que se materialice o espírito creador do neno e a nena de forma tanxible.

POR QUE ECOLÓXICA?

Ter unha horta ecolóxica é unha opción e nós a escollemos porque vimos moitas máis vantaxes que inconvenientes. É o único xeito de ser consecuentes se queremos inculcar hábitos de alimentación saudable e equilibrados e o respecto e coidado da natureza.

Porque a agricultura ecolóxica axuda a manter a biodiversidade ao non danar a outras especies vexetais e animais e favorece o bo sabor dos alimentos e a súa calidade nutricional.

Porque axuda a manter libre de produtos químicos a auga, o subsolo e os acuíferos.

Porque ademais axuda a reducir a contaminación xa que na súa produción se require menos enerxía (gástase menos enerxía en ir ao campo a coller esterco de animais que no proceso de elaboración, envasado e transporte de fertilizantes e insecticidas industriais).

Parte desta información esta sacada da páxina www.ecoagricultor.com

CURSO 2009-10

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

CURSO 2010-11

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

CURSO 2011-12

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

CURSO 2012-13

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

CURSO 2013-14

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

CURSO 2014-15

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

CURSO 2015-16

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

CURSO 2016-17

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

CURSO 2017-18

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:
Distribuir contido


by Dr. Radut