Skip to Content

DÍA DA PAZ

 

Co gallo de celebrar o Día da Paz, contamos estes días coa presenza no centro do pintor Manolo Carballeira, que deseñou un mural conmemorativo na parede situada a carón do acceso ao patio da cafetaría.

Encargáronse de darlle cor á ilustración algúns alumnos e alumnas da ESO, baixo a dirección e supervisión do artista. O resultado, como vedes, é espectacular!.

O noso máis sincero agradecemento a Manolo Carballeira por compartir con nós a súa arte e o seu talento.

 



story | by Dr. Radut