Skip to Content

FESTIVAL FIN DE CURSO EXTRAESCOLARES

 

saúdos pais e nais:

 

queremos convidarvos ó festival de fin de curso das actividades extraescolares.

este ano, tendo en conta as necesidades de cine e teatro e pensando tamén no mellor lucimento dos alumnos de inglés, imos dividir as actuacións dos nosos fillos en dúas xornadas:

unha xornada que terá lugar no ximnasio do cole e na que se farán exhibicións de actividades deportivas: rítmica, fútbol, hóchey e patinaxe coa tradicional merendola e algunha que outra sorpresa, presentación de novas actividades para o próximo curso incluída……

e outra xornada que se fará na casa da cultura e na que os nenos de teatro representarán a súa obra, farase a proxección da curtametraxe que prepararon os alumnos de cine, actuarán os nenos de inglés e se proxectará un traballo feito polos alumnos de informática que será unha sorpresa para todos.

 

os dous días temos previsto facer exposición de traballos realizados en costura e creatividade coas mans.

 

datas:

 

festival actividades deportivas, no cole o mércores 27 ás 5.

venres 29 xornada de portas abertas en piscina.

actuacións e proxeccións na casa da cultura o venres 29 ás 7.



story | by Dr. Radut