Skip to Content

ASAMBLEA DE SOCIOS DA ANPA

Bo día! Lembrámosvos que temos convocada asamblea xeral para hoxe, martes día 19 de setembro ás 18:30h. en primeira convocatoria e ás 19h. en segunda na Casa da Cultura coa seguinte orde  do día:

  1. Cambios na Xunta directiva. Presentación e solicitude de novos membros.
  2. Estado de contas e informe de previsión de gastos.
  3. Comezo de actividades extraescolares.
  4. Aportacións, consultas e propostas.


Como este último punto atinxe a pais non socios, convocamos tamén a todos aqueles que estean interersados en mandar os nenos a actividades e informamos os socios da súa asistencia.

​Contaremos coa presenza dos monitores que contestarán ás vosas dúbidas e vos informarán do desenvolvemento das distintas actividades.​

Para calquera destas xestións é imprescindible cubrir as follas de inscripción, xa que necesitamos os nomes completos de pais e nenos así como teléfono de contacto.

Para socios e actividades deberedes  aceptar ou non a cesión de imaxes que aparece nos formulario. Grazas  por facilitarnos o traballo.

Aquí tedes o formulario con toda a información. Podedes cubrilo e entregárnolo na asamblea ou deixalo na secretaría do cole ó longo do que queda de mes. Animádevos a participar!!!!!



story | by Dr. Radut