Secretaría, Becas e axudas, Fondo de Acción social, Solicitudes de admisión, Matrícula

Fondolibros

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

Enlace de acceso á información

Axudas para libros de texto e material para o curso 2013/2014

É IMPORTANTE LER TODO ESTE RESUMO DA CONVOCATORIA ELABORADO POLO CENTRO E A ORDE DA CONVOCATORIA. SON AS FAMILIAS AS QUE TEÑEN QUE COMPROBAR SE TEÑEN OU NON DEREITO A SOLICITAR A AXUDA, POIS O CENTRO ENTREGARÁ OS VALES A TODAS AS FAMILIAS QUE PRESENTEN A SOLICITUDE CORRECTAMENTE.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a compra de libros de texto e material para o curso 2013/2014, dirixidas ao alumnado de todos os cursos de Educación Primaria, ESO e educación especial (DOG Nº 103 de 31/05/2013).



A información aos alumnos/as de ESO seralles entregada no momento de formalizar a matrícula.

 

Os alumnos/as  que repitan curso (4º e 6º Ed. Primaria ou calquera curso de ESO) non poderán solicitar esta axuda, os que repitan 2º de Educación Primaria si a poden solicitar por empregar materiais que non poden ser reutilizados.

O solicitante é o pai/nai ou titor-a legal do alumno/a (non o propio alumno/a)


 

Renda per cápita

Contía axuda

Ed. Primaria

ESO

Familias monoparentais

Ata 6.000.-€

170.-€

180.-€ 

 

De 6.000,01 ata 9.000.-€

90.-€

104.-€ 

Resto familias

Ata 5.400.-€

170.-€

180.-€ 

 

De 5.400,01 ata 9.000.-€

90.-€

104.-€ 

Alumnado con minusvalía ≥ 65% 

Sen ter en conta datos económicos 

250.-€

 

 

Determinación da unidade familiar:  a 31/12/2011           (Artigo 7 da Orde da convocatoria)

 

- Os pais (non separados legalmente) ou titor-a

- Fillos

- Menores de idade non emancipados

- Fillos maiores de idade con discapacidade

- Solteiros menores de 25 anos e que convivan no dimicilio familiar

 

Computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%  a 31/12/2010

Non computarán os fillos/as nados despois do 31/12/2011

Cando a situación familiar sexa distinta das anteriores (ver o citado artigo 7)

 

Cálculo da renda per cápita: (Art. 6)

 

            Casillas 455 + 465 da renda do ano 2011

            A cantidade resultante dividirase polo nº de membros computables da unidade familiar

 

Só deberán solicitar estas axudas as familias que cumpran as condicións económicas, pois coa sinatura da solicitude declaran baixo xuramento que reúnen o requisito de ingresos da unidade familiar que fan constar nesta, e quedan sometidos ao réxime de infraccións e sancións a que se refire a disposición adicional terceira da orde da convocatoria.

 

A presentación da solicitude comportará a autorización á Consellería de cultura, Educación e O.U. para comprobar os datos persoais e económicos nos organismos correspondentes.

 

Documentación a presentar:

 - Anexo I cumplimentado.

- Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

- En caso de ter algunha circunstancia especial deberá xustificarse documentalmente (minusvalía, separación ou divorcio, defunción dalgún dos proxenitores, violencia de xénero,etc..). Estas situacións terán que producirse antes do 31/12/2011.

En caso de separación ou divorcio (antes 31/12/2011): setenza xudicial e convenio regulador.

 Deberá presentarse orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. Artigo 4.2 


Lugar de presentación:

 - Secretaría do CPI A Xunqueira (centro onde cursarán estudos no curso 2013/2014)

É convinte que sexa presentada por unha persoa adulta por se a solicitude non estivera correcta e fose necesario que fagan algunha corrección ou a documentación estivese incompleta.


Prazo:(Alumnos matrículados en Ed. Primaria)

 - Ata o día 3 de xullo de 2013

 Deberá presentarse unha solicitude por cada fillo/a.

 

VALES DE COMPRA (Alumnos matrículados en Ed. Primaria)

 O centro tramitará as solicitudes e posteriormente entregará ás familias o vale de compra, co que poderán adquirir os libros e material escolar na libraría que elixan e polo importe máximo que figura no documento. 

Os vales entregaranse o mércores día 10 de xullo 

   

 

Cada solicitude deberá vir correctamente cumprimentada e acompañada das fotocopias da documentación que deban presentar.

 

Admisión de alumnado no CPI A Xunqueira

Aviso para os/as alumnos e alumnas que presentaron reserva de praza e solicitude de admisión neste centro

todas as solicitudes foron admitidas

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas extranxeiras para o alumnado no ano 2013.  Premendo no seguinte enlace podedes acceder a toda a información


Prazo aberto do 23 de marzo ata o 22 de abril (ambos incluídos)

Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

  


  • Normativa: nos seguintes enlaces

   DECRETO 254/2012, do 13 de decembro

ORDE do 12 de marzo de 2013   

Descargar o arquivo en pdf Descargar o arquivo en pdf

 

  • Servicios complementarios: 5 liñas de transporte escolar
  • Prazo presentación solicitudes admisión:    5 ao 17 de abril
  • Publicación listas provisionais admitidos: 9 de maio
  • Centros Adscritos: CEIP CENTIEIRAS

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito neste centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. (Art. 11.2 da Orde  do 12 de marzo de 2013). A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva (sen presentar renuncia) terá a consideración prevista no art. 34 1.b) da cita orde para os efectos de perda da prioridade.


 

 

 

  • Impreso de solicitude:

 

 

 

Para a solicitude de admisión únicamente se presentarán cubertas as páxinas 1 e 2

 

 

IMPORTANTE

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta  solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (cunha copia da solicitude de admisión) e presentar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.

Distribuir contido