Educación Física, Física e química, Matemáticas, Tecnoloxía, Educación Secundaria, Bioloxía-Xeoloxía, Francés, Educación Plástica, Lingua Castelá, Lingua Galega, Música, Relixión, Xeografía e Historia, Inglés

Blog do Club de Ciencias

 

Podedes seguir as actividades do club de Ciencias do CPI A Xunqueira neste blogue:

 

 

https://clubdecienciacpiaxunqueira.blogspot.com/

 

Viaxe a Cardiff

 

Os alumnos que participaron no Erasmus+ Robot Dance fixeron esta magnífica presentación na que comparten a súa experiencia.

Robot Dance

Na seguinte ligazón podedes consultar a programación para o curso 2019/20 du dos proxectos Erasmus+ do centro:

 

Erasmus+ Robot Dance

 

PIALE en Canadá

A profesora de inglés de Secundaria do CPI A Xunqueira participou este outono no programa de inmersión en inglés (Piale) en  Ottawa , Canadá, visitando  un instituto de secundaria.

Se tes interese en coñecer como funciona un instituto canadense, convidámoste a que vexas esta presentación! 

 

Enjoy a lot!!!

A orixe de Halloween

Este vídeo o fixeron dous alumnos de 2º B (Sergio García Novo e Raúl Payo Rocamonde) na materia de Programación, co software de Scratch.
Nel contan a orixe de Halloween.

First Lego League

O sábado 28 de febreiro de 2015 o grupo  "Xunqueirobot" formado por alumnos de Tecnoloxía de 4º da ESO participou na First Lego League, celebrada no campus de Esteiro.

Gracias ao seu traballo e á dedicación da súa profesora-entrenadora, Blanca López Moreno, foron os gañadores absolutos da competición

Noraboa!!!!!!

Felicidades - GIFMANIA

Mar e Ferro

No noso barrio fenés de San Valentín convérteuse na xornada do sábado 15 de marzo nun referente de denuncia da situación do naval na comarca. Fíxoo a través da pintura coa iniciativa “Mar e ferro” organizada polo Centro de Promoción Social (CPS) e Radio Fene no seu 30º aniversario.

Ao abeiro desta iniciativa levouse a cabo o certame de debuxo escolar “Mar e ferro”, que gañaron Aitor Carbón Meizoso, da escola de Sillobre, e Sara Díaz Otero, do noso colexio. Os diplomas conmemorativos entregáronse ás 13.30 horas na carpa instalada no barrio. Ademais, durante a xornada, rapaces e rapazas dos dous colexios procederon ao pintado de dous murais cos deseños gañadores do concurso. A profesora Lucía Sesto acompañou aos nosos rapaces nesta actividade.

A noticia está publicada no Diario de Ferrol, tanto na sua edición en papel como dixital.

 

¡Noraboa aos gañadores!

Libros dixitais de Educación Plástica

No Departamento de Educación Plástica están publicados dous libros dixitais; preme nas iconas para acceder aos contidos.

                             


Distribuir contido