Secretaría, Becas e axudas, Fondo de Acción social, Solicitudes de admisión, Matrícula

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

PRAZO: Ata o 21 de xuño de 2023

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica:

1º xerar a solicitude na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros

2º presentar a documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro.

OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que nos cursos pasados), para isto deberá pedir cita antes do día 2 de xuño.

A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.

Nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO o centro participa no programa EDIXGAL (cada alumno/a terá o seu propio ordenador) e non se pode solicitar préstamo de libros, só se poderá solicitar axuda para material escolar, en caso de corresponder.

 

Toda a información necesaria atópase na páxina de fondolibros

 

Admisión de alumnado para o curso 2023/2024

Todo o alumnado que presentou unha solicitude de admisión neste

centro para o curso 22/23 está

 

ADMITIDO

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de admisión para alumnado de nova incorporación ou cambio de centro

 Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación: 

  • Solicitar o impreso na Secretaría do centro, cubrilo e presentalo de xeito manual no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

Nos dous últimos casos debe acceder á aplicación informática admisionalumnado e seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”, deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios.  Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en  centros  docentes  sostidos  con  fondos  públicos  que  imparten  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria,  de  educación  secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos incluídos

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, debe realizarse no centro no que se solicita a praza ou na aplicación admisionalumnado.

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Fondo libros, vales de material escolar, vales de libros de texto

Entrega de vales

Venres 9 de xullo de 09:30 a 13:00

 

Atención

Mandamos a través de Abalar a seguinte información personalizada, no apartado de incidencias

1º e 2º de EP informamos se corresponden ou non os distintos vales (de material, de libros de texto)

3º e 4º de EP informamos dos libros de préstamo e se corresponde ou non o vale de material escolar

5º e 6º de EP, 1º da ESO informamos se corresponde ou non o vale de material escolar

 

Mandamos dentro dos sobres de matrícula

2º, 3º e 4º da ESO informamos mediante unha nota dentro do sobre de matrícula se corresponde ou non o vale de material escolar.

 

Ao alumnado da ESO con materias pendentes para setembro, o día 13 de setembro entregaráselles o vale de material se lles corresponde. 

 

Matrícula de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria

Prazo de matrícula do 1 ao 10 de xullo 

 

A matrícula a debe facer:

Infantil e primaria: todo o alumnado de nova incorporación

Secundaria: todo o alumnado

 

A matrícula farase con cita previa

881 930 110

Axudas de material e fondo libros

O mércores 10 de xullo, de 09:00 a 13:00 se entregarán os cheques para mercar material a quen lle corresponda e non teña que presentarse aos exames de setembro.

Para o alumnado de 1º e 2º de EP, se lle corresponde, se entregarán tamén os cheques para mercar os libros.

Fondo solidario de libros de texto

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020.

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

Orde do 3 de maio de 2019 (DOG)

Extracto da Orde do 3 de maio de 2019 (DOG)

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Premendo aquí se accede á descarga do listado de adxudicación do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2018/19 na ESO.

O luns se entregarán ao alumnado os libros adxudicados, pero debido a que non hai existencias suficientes, algúns alumnos non recibirán todos os que lles corresponden. Tan pronto como sexa posible completaremos a entrega dos libros.

Lembramos que cada libro entregarase o próximo curso a outro alumno, polo que pregamos que se coiden e se forren

Admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

Comunícase que está admitido todo o alumnado que presentou a solicitude no centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Instruccións para o alumnado da ESO

 

Cada titor/a entregará aos alumnos beneficiarios o listado de libros e os libros que lles corresponden dos que o Centro dispón de exemplares. 

Hai libros non están aínda dispoñibles, pero os proporcionará o Centro á maior brevidade posible.

As familias devolverán asinado o recibo dos libros prestados unha vez teñan todos os exemplares.

As familias deben mercar os libros e cadernos que non aparecen no listado.

As familias do alumnado da convocatoria de setembro beneficiarias das axudas de material poden recoller os cheques na Secretaría.

En Fene, a 14 de setembro de 2017

 

A dirección

 

Distribuir contido