Xefaturas de estudos, Primaria, Secundaria, Equipo directivo, Director, Secretaria

Adaptación da concreción curricular

Co fin de cumprir o indicado na ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas  ensinanzas  de  educación  primaria,  de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de bacharelato no sistema educativo de Galicia procedeuse a adaptación da concrección curricular do CPI A Xunqueira; esta adaptación recibiu o visto bo do claustro de profesores e foi aprobada polo Consello Escolar. 

 

O documento pode consultarse na seguinte Ligazón

Modificacións nas programacións dos departamentos

Co fin de cumprir o indicado na ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas  ensinanzas  de  educación  primaria,  de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de bacharelato no sistema educativo de Galicia os distintos departamentos didácticos do CPI A Xunqueira procederon a adaptar as súas programacións didácticas.

Dende a seguinte ligazón pódese acceder ás citadas modificacións.

Eleccións para a renovación de representantes no Consello Escolar

 

 

                      

 

 

 

 

     
 

Programacións curso 21-22

Nesta ligazón tedes acceso á carpeta con todas as programacións do curso 21-22.

 

Educación infantil

Educación primaria

ESO

 

Inicio do curso 21-22 ESO

O comezo das clases na ESO será ás 8:45 h do 15 de setembro.

A entrada irase facendo de xeito ordenado conforme vaian chegando ao centro (no bus ou a pé): subirán á planta superior pola escaleira central e sentarán na súa aula (o grupo pode verse accedendo á app ABALAR) na mesa onde teñen o seu nome. Agardarán a chegada dos titores baixo a supervisión do profesorado de garda.

Deben evitarse agrupamentos tanto no patio como nos arredores do centro.

Benvidos/as ao novo curso!!

Inicio do curso 21-22 Infantil e Primaria

Educación Infantil e Primaria comezan o día 9 de setembro.

As entradas o día 9 serán escalonadas para respetar o protocolo COVID.

 

Premendo nesta LIGAZÓN acceso ao documento co horario de entradas o día 9

Haberá transporte escolar no horario habitual.

A partir do día 10 o horario será o habitual.

Libros de texto curso 2021/2022

 

 

Recomendamos ao alumnado da ESO que espere a recibir información do préstamo do centro en setembro antes de mercar os libros

Axudas libros de texto e material escolar curso 21-22

 

PRESENTACIÓN POR VÍA ELECTRÓNICA

 

 

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro    CON CITA PREVIA  (881 930110)

OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que no curso pasado), para isto deberá pedir cita antes do día 4 de xuño. A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.

Nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO o centro participa no programa EDIXGAL (cada alumno/a terá o seu propio ordenador) e non se pode solicitar préstamo de libros, só se poderá solicitar axuda para material escolar, en caso de corresponder.

 

Distribuir contido