Programación deportiva do verán do Concello de Fene
O Concello de Fene desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto diversas actividades lúdicas e deportivas.
Para máis información:
https://www.fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/6798
DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO
DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
Publicadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública con data 20 de abril de 2022
Ligazón á publicación no portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Admisión de alumnado para o curso 2023/2024
Todo o alumnado que presentou unha solicitude de admisión neste
centro para o curso 22/23 está
ADMITIDO
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023
Fase de admisión para alumnado de nova incorporación ou cambio de centro
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
- Solicitar o impreso na Secretaría do centro, cubrilo e presentalo de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
Nos dous últimos casos debe acceder á aplicación informática admisionalumnado e seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”, deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos incluídos
A consulta das listaxes de alumnado admitido, debe realizarse no centro no que se solicita a praza ou na aplicación admisionalumnado.
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
-
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »