Xefaturas de estudos, Primaria, Secundaria, Equipo directivo, Director, Secretaria

Visita virtual

Dada a situación sanitaria non podemos invitar ás familias a visitar o centro, polo que grabamos esta visita virtual para que podades coñecer as nosas instalacións. 

 

 

Esperámosvos o próximo curso!!

Programacións curso 20-21

Nesta ligazón tedes acceso á carpeta con todas as programacións dos distintos niveis, ciclos e departamentos.

 

Ed infantil

Ed Primaria

ESO

Inicio do curso 20-21 para a ESO

Segundo recolle o Protocolo de adaptación ao contexto COVID-19 publicado pola Consellería de Educación é moi importante evitar as aglomeracións nas entradas e saídas dos centros escolares. Isto vai a condicionar as entradas e saídas tanto ao longo do curso coma os primeiros días de clase.

Somos conscientes do trastorno que van causar estes cambios, pero son necesarios para que todo se desenvolva con normalidade. O acceso ao centro será sempre pola porta fronte ao pavillón, agás o alumnado transportado.

O alumnado da ESO entrará pola porta que está fronte ao pavillón. Farao seguindo o horario establecido e mantendo a distancia mínima de 1,5 metros. Unha vez na entrada, accederá ao interior do edificio pola porta central (rotulada con Secundaria). O alumnado usuario do transporte escolar subirá á súa aula cando chegur ao centro.

É moi importante a puntualidade nas entradas pois non debe haber cruce de grupos. Se chegades antes, demorade polos arredores pero non cerca do centro.

Material a traer o primeiro día: unha mascarilla posta; un estoxo cunha mascarilla de reposto, un bote de xel hidroalcólico e panos desbotables. Un bolígrafo ou lapis e un caderno para anotacións; unha mochila para os libros de texto que se lles entregarán. Para o recreo (opcional): gorra e auga (non se poden usar as billas para beber)

Os acompañantes do alumnado non poderán acceder ao recinto (consultade as normas para pais/nais/titores publicadas na web do centro).

 

A incorporación do alumnado da ESO será gradual, seguindo esta táboa:

 

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

Mércores 23

1º de ESO

08:50

13:45

2º de ESO

09:00

13:45

Xoves 24

1º e 2º de ESO

De 08:30 a 08:45

13:45

3º de ESO

08:50

13:45

Venres 25

1º, 2º  e 3º de ESO

De 08:30 a 08:45

13:45

4º de ESO

08:50

13:45

 

 

 

 

 

Inicio do curso 20-21

O curso 20/21 comezará de xeito presencial coa seguinte modificación do horario

 

 

Haberá servizo de autobuses e comedor no horario habitual.

 

Ligazón ao protocolo COVID para un inicio de curso totalmente seguro.

 

Dada a excepcional situación sanitaria, pregamos a colaboración das familias no cumprimento estricto do protocolo.

Probas extraordinarias setembro 2020

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Citas co profesorado para revisión de cualificacións

As familias poderán pedir cita para revisións ou reclamacións unha vez realizada a avaliación ordinaria na ESO co/a titor/a ou co profesorado do/a seu/súa fillo/a.

Para isto, poderán utilizar a aplicación do Abalar Móbil (Accións/Citas de titoría) ou enviar un correo electrónico ao profesor/a.

Os correos electrónicos  do profesorado están publicados na Web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiaxunqueira/?q=node/204

O profesorado organizará estas entrevistas para os días 25 e 26 de xuño, en horario de 9:30h a 13:30h

ENTREGA LIBROS DE PRÉSTAMO E RECOLLIDA DO MATERIAL DO ALUMNADO EDUCACIÓN PRIMARIA

As familias poden traer cuberta e asinada a ficha de entrega de libros de préstamo . No caso de non ter impresora, no centro proporcionaráselles un impreso.

Datas para a entrega de libros

Os libros de préstamo entregaranse no centro atendendo ás seguintes quendas:

QUENDAS

3º A

15 de xuño

10: 00 de David Blanco a Inés Erezuma

10:30 de Aurora García a Luis Iglesias

11:00 de Mariana Muñoz a Martina Romero

11:30 de Samuel Tallón a Sabela Villares

3º B

16 de xuño

10:00 de David Abeledo a Ada Calvo

10:30 de Brais Díaz a Jorge González

11:00 Andrés Lage a María Pazos

11:30 de Xiana Prieto a Iván Sueiras

17 de xuño

10:00 de Xavi Ares a Lucas Dopico

10:30 de Mabel Fdez. a Emma López Acevedo

11:00 Lorena Manteiga a Michelle Pena

11:30 de Matías Rodríguez a Leire Vázquez

18 de xuño

10:00 de Jorge Amado a Daniel González

10:30 de Hugo Martínez a Raquel Moure

11:00 de Daniel Neant a Xavier Sanjurjo

11:30 de Guilherme Simo a Kilian Vila

19 de xuño

10:00 de Kevin Abella a Santiago Linares

10·30 de Sara Marques a Valentina Ríos

11:00 de Miguel Sánchez a Eva Sardiña

11:30 de Ainhoa Sejido a Verónica Sosa

 

Nesta Ligazón podedes descargar a ficha de devolución dos libros, que tedes que entregar xunto cos libros debidamente asinada.

Adaptación das programacións didácticas

En aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, a CEUFP publicou as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nestas instruccións indícase que compre adaptar as programacións didácticas das ensinanzas que se impartan en cada centro educativo.


Premendo nas seguintes ligazóns accédese aos documentos nos que se recollen ás adaptacións de todas as programacións didácticas:

 

Educación infantil e Primaria

 

Educación Secundaria Obrigatoria

 

Cualificacións da 2ª avaliación

Estimadas familias:
Seguindo instruccións da Consellería de Educación o vindeiro 3 de abril publicaremos as cualificacións da 2º avaliación. O medio oficial de recibir estas cualificacións é a App abalarMóbil.

Achegamos a ligazón para descargar a App. 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Achegamos os códigos QR para descargar a App. 

 

 

Se tedes algún problema co rexistro do voso número de móbil, podedes chamar ao centro de luns a venres de 10:00 a 13:00.

Distribuir contido