Mar e Ferro

No noso barrio fenés de San Valentín convérteuse na xornada do sábado 15 de marzo nun referente de denuncia da situación do naval na comarca. Fíxoo a través da pintura coa iniciativa “Mar e ferro” organizada polo Centro de Promoción Social (CPS) e Radio Fene no seu 30º aniversario.

Ao abeiro desta iniciativa levouse a cabo o certame de debuxo escolar “Mar e ferro”, que gañaron Aitor Carbón Meizoso, da escola de Sillobre, e Sara Díaz Otero, do noso colexio. Os diplomas conmemorativos entregáronse ás 13.30 horas na carpa instalada no barrio. Ademais, durante a xornada, rapaces e rapazas dos dous colexios procederon ao pintado de dous murais cos deseños gañadores do concurso. A profesora Lucía Sesto acompañou aos nosos rapaces nesta actividade.

A noticia está publicada no Diario de Ferrol, tanto na sua edición en papel como dixital.

 

¡Noraboa aos gañadores!