Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de admisión para alumnado de nova incorporación ou cambio de centro

 Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación: 

  • Solicitar o impreso na Secretaría do centro, cubrilo e presentalo de xeito manual no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

Nos dous últimos casos debe acceder á aplicación informática admisionalumnado e seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”, deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios.  Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en  centros  docentes  sostidos  con  fondos  públicos  que  imparten  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria,  de  educación  secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos incluídos

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, debe realizarse no centro no que se solicita a praza ou na aplicación admisionalumnado.

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.