Skip to Content

NUNCA É TARDE PARA EMPEZAR

  

Lembra que nunca é tarde para empezar!!!

Acaba de comezar o terceiro trimestre, así que é un bo momento para organizar o teu estudo durante a cuarentena. Aquí   tes uns cantos consellos:

  1. Adapta o  espazo de estudo: que sexa cómodo, con boa luz e temperatura e con todo o material necesario para o traballo académico.
  2. Establece un horario para levantarte e almorza ben para comezar o teu día.
  3. Elabora un horario de estudo realista. Planifica o tempo que dedicarás a cada materia e tamén os descansos.
  4. Consulta cada día a web do centro e os espazos que utiliza cada profesor/a para o traballo.
  5. Anota todas as novidades do día ou semana. Se non entendes algo consulta as dúbidas aos profesores/as están aí para axudarche.
  6. Mantén hábitos saudables:
    1. Aliméntate ben, come sa.
    2. Dedica un tempo ao exercicio físico.
    3. Durme ben e mantén un horario de sono axeitado.

ÁNIMO, XA QUEDA MENOS!!!

 

 

 



story | by Dr. Radut