Skip to Content

Exploramos

Val do Dubra contra o cancro

O CPI de Bembibre quixo colaborar na xornada contra o cancro. Entre as maneiras que se nos ocorreron está o deseño, impresión e venda de chaveiros feitos con tecnoloxía 3D.

O alumnado deseñou unha peza plana coa forma do Concello de Val do Dubra e as letras "CPI de Bembibre contra o cancro" en relevo.

8M en 3D

O alumnado de 4º Primaria experimenta co modelado 3D e a impresión para conmemorar o 8M. Pensamos en palabras inspiradoras para esta data e as plasmamos en pezas reais que colgamos na porta da nosa aula.

 

Conmemoracións

Bos días a tod@s. Os/as alumnos/as de 3º de Primaria celebramos algunhas conmemoracións de xeito lúdico empregando as ferramentas dos Polos Creativos. Fixemos uns pins para levar durante todo o día durante o 8M e deseñamos pezas para reivindicar que o amor empeza por un mesmo no día de San Valentín.

 

 

Foto 360 Polos Creativos

Foto 360º da aula do proxecto de Polos Creativos do CPI de Bembibre concedido o curso 2022-23.

Esta iniciativa busca desenvolver unha aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria a través da creación dun espacio aberto á comunidade local onde se fomente a creatividade a través da superación de retos e a resolución de problemas.

Distribuir contido


by Dr. Radut