Skip to Content

XOGADE

VISITA DE LUCAS PÉREZ

Visitounos Lucas, exalumno do noso centro, porteiro de futbol profesional cunha ampla traxectoria en equipos españois. Actualmente ven de rematar a temporada co Atletico Baleares de 1ª Federación. Fixo un oco para charlar co alumnado de 4º de primaria, saudar ao resto e de paso firmar algún que outro autógrafo.

UN SORRISO CONTRA O CANCRO

Andaina solidaria na que colaborou a comunidade educativa do noso centro. Axudamos comprando camisetas e facendo chapas e, como non, realizando a andaina.

XUNTANZA DEPORTIVA BEMBIBRE - TRAZO

PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Unha pequena mostra da participación dos nosos compañeiros e compañeiras no campionato provincial de campo a través celebrado en Ferrol, o día 17 demarzo.

INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Noia, 15 de febreiro.

Celebrouse a fase Intercomarcal de campo a través nunha maña solleira e moi animada. Gran participación do noso centro con varios alumnos clasificados para o provincial que se vai celebrar en Ferrol o 17 de marzo.

Adxuntamos listado do alumnado clasificado para o provincial e a normativa da carreira.

CARREIRA SOLIDARIA

A carreira celebrada o mércores 21 de decembro destinou os fondos recadados á COCIÑA ECONÓMICA de Compostela. Grazas pola vosa colaboración e polo esforzo de todo o alumnado.

COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (DECEMBRO 2022)

O venres 2 de decembro celebrouse en A Baña a fase comarcal de campo a través. Moita ilusión, forza e interés en agradar por parte dos participantes. Máis sorrisos que canzanzos nunha mañá ben agradable.

 

RUTA DO "PICOTO"

O alumnado da ESO realizou a ruta do Picoto desde o colexio e disfrutaron das vistas do seu mirador.

Obradoiro de petanca 2022

Agradecerlle ao Clube de petanca Val do dubra a súa colaboración neste pequeno obradoiro.

CAMPIONATO DE DATCHBALL

Un novo campionato de Datchball moi loitado e ben disfrutado.

Xogo popular e alternativo

MULTIAVENTURA EN MARÍN

Un pequeno vídeo do ben que opasarón neste día.

SENDEIRISMO NAS FRAGAS DO EUME

O venres 13 de maio oalumnado de 4º de primaria trasladouse ás Fragas do Eume para realizar unha ruta de sendeirismo. Aqui vos deixamos unha pequena mostra de como pasaron o día.

SENDEIRISMO NAS FRAGAS DO EUME

O venres 13 de maio oalumnado de 4º de primaria trasladouse ás Fragas do Eume para realizar unha ruta de sendeirismo. Aqui vos deixamos unha pequena mostra de como pasaron o día.

Patios Dinámicos

Unha pequena mostra das actividades de Patios Dinámicos realizadas co alumnado de infantil. Colaboración entre o profesorado de Infantil e Atención Temperá.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut