Skip to Content

OS BOLECHAS CARVALHO CALERO

Tamén, Os Bolechas celebran as Letras Galegas e o seu autor, Pepe Carreiro dedica un novo volume da colección "As miñas primeiras Letras Galegas" a Ricardo Carvalho Calero, ofrecendo un entretido conto co que o lector ou lectora vai descubrindo quen é o personaxe de quen se fala ao tempo que goza dunha aventura típica desta divertida familia galega.  En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pono á nosa disposición no Portal da Lingua.

<><><>


 
page | by Dr. Radut