Skip to Content
 DESTAQUES

INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 ALUMNADO BACHARELATO - FP

19/03/2024 10:25
Europe/Madrid

No documento adxunto poden acceder á información sobre as bolsas de estudo MEC 24/25 para o alumnado que no citado curso estea matriculado en bacharelato ou FP.

O prazo de presentación das solicitudes do 19 de marzo de 2024  ás 9 horas, ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h.

ADMISIÓN ALUMNADO

04/03/2024 16:03
Europe/Madrid

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será desde o día 1 ata o 20 de marzo.

Poden consultar a información no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

No caso de que non realicen a solicitude a través da aplicación, poden descargar a solicitude e presentala no centro. Asemade, no centro contamos coa solicitude impresa para todas aquelas persoas que o desexen.

MANDADIÑOS DO MECO

01/02/2024 11:00
Europe/Madrid

Vídeo da Paz 2024

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

24/11/2023 14:26
Europe/Madrid

Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde o C.P.I. Camiño de Santiago, xuntámonos, vestidos e vestidas de negro, para manifestar o noso rotundo rexeitamento fronte a violencia machista. Ao remate, as alumnas de cuarto de E.S.O. leron un pequeno manifesto. Ademais, durante toda a semana, o alumnado expresou as súas mensaxes contra a violencia contra as mulleres e a favor do bo trato nas mans que recortaron e pegaron no muro do 25N. 

INICIO CURSO ESCOLAR 2023-2024

31/07/2023 11:26
Europe/Madrid

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria comezarán o día 11 de setembro de 2023.

PRAZO DE ADMISIÓN COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS ATENCIÓN E APOIO COMEDOR

19/07/2023 12:18
Europe/Madrid

ADQUISICIÓN DE VALES PARA MATERIAL E LIBROS PARA 1º EP E 2º EP

18/07/2023 13:07
Europe/Madrid

A partir do xoves día 20 de xullo xa están dispoñibles os vales para adquirir material escolar e para os libros de 1º e 2º EP. Horario de atención ao publico de 10:00 a 12:30 horas. 

LISTAXES DEFINITIVAS DAS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

14/07/2023 13:11
Europe/Madrid

Están dispoñibles para a súa consulta as listaxes definitivas das axudas de libros de texto e material escolar. Para a semana informaremos de cando poderán recoller os vales de materiais e libros (1º EP e 2º EP) na secretaría do centro.

LISTAXES PROVISIONAIS DAS AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

12/07/2023 09:25
Europe/Madrid

 Desde hoxe están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas de libros de texto e material escolar. Poden consultar os datos en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou na secretaría do centro (horario de atención ao público de 10:00 a 12:30 horas). A reclamación das listaxes provisionais son dous días desde a publicación.

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut