Skip to Content
 DESTAQUES

LISTAXES DEFINITIVAS DAS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

14/07/2023 13:11
Europe/Madrid

Están dispoñibles para a súa consulta as listaxes definitivas das axudas de libros de texto e material escolar. Para a semana informaremos de cando poderán recoller os vales de materiais e libros (1º EP e 2º EP) na secretaría do centro.

LISTAXES PROVISIONAIS DAS AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

12/07/2023 09:25
Europe/Madrid

 Desde hoxe están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas de libros de texto e material escolar. Poden consultar os datos en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou na secretaría do centro (horario de atención ao público de 10:00 a 12:30 horas). A reclamación das listaxes provisionais son dous días desde a publicación.

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR

Está aberto o prazo para solicitar o uso de comedor escolar e a colaboración por parte das familias para á atención ao alumnado neste servizo.

Xúntanse as solicitudes en documento adxunto.

As solicitudes teñen que ser presentadas na secretaría do centro durante o mes de xullo en horario de 10:00 a 12:30 horas.

Tríptico do "Camiño Inglés"

Prémede na ilustración para acceder ao tríptico do Camiño Inglés elaborado polo alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria.

RECORDATORIO DE REMATE DO PRAZO SOLICITUDE AXUDAS LIBROS DE TEXTO

Lembramos que o día 21 de xuño remata o prazo para solicitar as axudas dos libros de texto e material escolar.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

En documento adxunto poden consultar a relación de libros de texto para o curso 2023-2024

SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DE ITINERARIO ESCOLAR

31/05/2023 08:55
Europe/Madrid

Está aberto o prazo desde hoxe e ata o día 7 de xullo para a solicitude de novas paradas de transporte escolar.

Con carácter xeral, non se autorizarán desviacións de itinerarios de transporte escolar nos que existan menos de 2 quilómetros de distancia da parada solicitada ao domicilio familiar.

Poden descargar o impreso que figura como documento adxunto.

A tramitación realizarase desde a secretaría do centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

22/05/2023 08:53
Europe/Madrid

No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/  poden acceder á información publicada pola Consellería para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo remata o 21 de xuño de 2023 incluido.

As solicitudes poden realizarse por vía telemática ou presencialmente na secretaría do centro.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMISIÓN CURSO 2023-2023

08/05/2023 10:01
Europe/Madrid

Xa están dispoñibles para consultar as listaxes definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2023-2024.

Lembramos que o prazo para a formalización de matrícula é:

  • EI - EP: do 20/06/2023 ao 30/06/2023
  • ESO: do 23/06/2023 ao 10/07/2023

A formalización da matrícula debe facerse na secretaría do centro.

RADIO PIÑEIRO

A nosa radio escolar "Radio Piñeiro" xa forma parte de escolas nas ondas.

 

 Presentamos o logo deseñado pola alumna de 5º EP, Carla Suárez Furelos.

Premendo no enlace http://escolasnasondas.com/benvida-radio-pineiro-19-1km/ pódese acceder á benvida recibida de escolas nas ondas.

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut