Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

24/11/2023 14:26
Europe/Madrid

Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde o C.P.I. Camiño de Santiago, xuntámonos, vestidos e vestidas de negro, para manifestar o noso rotundo rexeitamento fronte a violencia machista. Ao remate, as alumnas de cuarto de E.S.O. leron un pequeno manifesto. Ademais, durante toda a semana, o alumnado expresou as súas mensaxes contra a violencia contra as mulleres e a favor do bo trato nas mans que recortaron e pegaron no muro do 25N. 

<><><>


 
story | by Dr. Radut