TERTULIA DIALÓXICA ARTÍSTICA

24/03/2015 16:25

O martes, 24 de marzo de 2015, na biblioteca escolar do CPI de Castroverde, terá lugar unha Tertulia Dialóxica Artística sobre a obra "El caballero de la mano en el pecho" que é un dos máis famosos retratos creados por Doménikos Theotokópoulos, El Greco.

Na biblioteca escolar hai unha reproducción da pintura orixinal.

A Tertulia estará coordinada polo profesor Daniel Díaz Trigo. Poden asistir todas as persoas que estean interesadas. Dará comezo ás 16.25 horas.