Actividades de infantil
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Celebramos o día dos dereitos da infacia, entre otras cousas, coa realización destes murais en EI e Primaria.
GRAFISMO CREATIVO NO SAMAÍN
Seguimos na nosa aula de 4 anos, co grafismo creativo. Nesta ocasión traballamos o grafismo con elementos que teñen relación co Samaín, como poden ser: o sombreiro e o caldeiro da bruxa, as pantasmas.... e non seguimos dicindo nada máis. Se queredes saber que máis fixemos tedes que premer no vídeo. Todas as imaxes que usamos foron dadas pola mestra Inma, que seguimos o seu blogue moi a menudo: a_profe_inne
ARTELLANDO CON ARCIMBOLDO
Chegou o OUTONO e os nenos e nenas de 4 anos trouxemos froitos de outono para a clase. Clasificámolos, mirámolos, tocámolos e nomeámolos escribindo os seus nomes. E con todo estes froitos, decidimos facer unha obra de arte. Desta vez, fixámonos en Arcimboldo. Así de bonito quedou!