Actividades de infantil

GRAFISMO CREATIVO COA CEBRA CAMILA

Co libro titulado A Cebra Camila, traballamos o trazo horizontal. Mirade que bonito nos quedou.

GRAFISMO CREATIVO CO COELLIÑO BLANCO

Seguimos co grafismo creativo, e nesta ocasión traballamos co libro titulado O Coelliño Branco. Nesta ocasión traballamos o esquema corporal, o trazo vertical e horizontal, ademais do círculo. Neste video podédelo ver.

GRAFISMO CREATIVO CON CORRE, CORRE CABACIÑA

 

O alumnado de 3 anos, da aula das curuxas, estamos a traballar o grafismo creativo, case dende que empezamos no cole.

Cada xoves, vamos á biblioteca do centro e escollemos un libro para levar todo o fin de semana, pero tamén usamos os da nosa bilbioteca de aula, para traballar o grafismo.

Empezamos no Samaín co libro titulado Corre, corre cabaciña.  Con el traballamos o círculo. E este é o resultado.

EIRUGAS QUE SE TRANSFORMAN EN BOLBORETAS. TRABALLANDO A PRIMAVERA

 

Experimentos con gusanos e mariposas.

Tamén traballamos  conceptos lóxicos cun lince de primavera, conteo de pétalos e vermes que coloreamos en función do número inficado ou de que saía no dado.

 

SEMANA DA PRENSA EN 4º DE EI

 

Para celebrar a semana da prensa o alumnado de 4° de Infantil traballamos cos xornais deste xeito: pintamos as follas do xornal con témpera de diferentes cores para despois usar para unha obra de arte ó estilo Yayoi Kusama. 

 

Con esta tarefa vimos que cos xornais tamén podemos facer arte e traballar a creatividade. E conceptos como: grande- pequeno- mediano.

>

 

 E outra das actividades desta semana foi rachar tiras de papel para facer outra obra de arte de Yayoi Kusama.

 

 

Distribuir contenido