Polo creativo

LECTURAS NA CASA COAS FAMILIAS. 6º DE EI

Usamos este libro co alumnado de 6º de EI para traballar sobre os animais salvaxes. En concreto tratáronses estes puntos:

- Léxico dos animais e adxectivos.

- Estruturas: She/ He was too... They sent me a... Back...

- Reflexión sobre a non conveniencia de traer animais á casa guiados polo que nos poidan gustar, sobre o respeto e coidado dos seres vivos en xeral, etc.

E como colofón, cada alumno leva un día o libro "Dear Zoo" para a casa. A finalidade é que compartan a lectura do libro coa súa familia e que escoiten xuntos como conseguimos contar esta historia xa que cada exemplar leva un código qr para acceder ao audio que gravamos na casa. 

E por se alguén o quere escoitar, só hai que premer no adxunto, ó final desta publicación. Agardamos que vos guste!

 

WHERE IS SPOT?

Esta vez, Alejandro Hugo, Isaac e Nerea agasalláronnos con este bonito conto. Para iso tiveron que practicalo na casa e perder uns minutos da sua clase de EF. Todos disfrutamos desta historia na que a nai busca ao seu cachorro por toda a casa e vai atopando inesperados hóspedes en lugares pouco convencionais. 

NOVO RECUNCHO DE DISFRACES NA AULA MAKER

Os disfraces espertan a imaxinación e axudan a mellorar a convivencia. A través da representación de personaxes e o intercambio dos tipos, fomentamos a colaboración, o xogo creativo e a cohesión do grupo.

CONTACONTOS EN INGLÉS: DEAR ZOO

Unha vez máis, alumnado voluntario de 6º de primaria acudiu á aula de Educación Infantil para contar un conto en inglés. Neste caso foi "Dear Zoo" de Rod Campbell. Hai que dar as grazas polo esforzo que supón para estas voluntarias traballar a pronuncia, entonación, interpretación, etc. É un traballo feito fóra do horario escolar e, aínda que poden consultar as dúbidas cando están co colexio, ten moito mérito participar nunha actividade coma esta que ó tempo que beneficia e motiva aos máis pequenos, contribúe enormemente á mellora da competencia lingüística do alumnado voluntario.

Distribuir contenido