Polo creativo

IT'S OK ...

O alumnado de cuarto fixo este pequeno libro inspirado no conto It's OK to be different" de Todd Parr. 

Escoitaron na clase o orixinal, relatado pola auxiliar de conversa e tamén unha versión elaborada o curso pasado polo alumnado de quinto.

Finalmente crearon as súas propias páxinas que foron lidas por unha persoa diferente. Esperemos que vos guste.

 
 

INDIAN RECORDS

Soft Peach Green And Orange Illustration Fun Facts About India Infographic de Isabel Pérez García

 

O alumnado de sexto de primaria aprendeu máis cousas sobre a India da man da nosa auxiliar de conversa. Esta vez falamos de récords de todo tipo: a montaña máis alta, a cidade máis antiga, etc. Isto tamén lles axudou a usar os superlativos e unha grande cantidade de palabras e estruturas relacionadas coa xeografía.

Ao final da sesión escribiron en pequenos grupos o que recordaban da presentación.

Utilizamos toda esta información para xogar a Snakes and Ladders nos grupos interactivos a seguine semana.

Aquí vemos o que saiu despois de xuntar todas as aportacións. Preme para ver as dúas páxinas.

A AULA MAKER

A Aula Maker, Aula Creativa ou Aula de Polos Creativos, é un espazo da Biblioteca Escolar situado no primeiro andar do edificio de secundaria. Ábrese xoves e venres nos recreos de primaria, e .de martes a venres nos recreos de secundaria.
Trátase dun espazo reservado especialmente para fomentar a creatividade libre e a convivencia. Está dotada con aparatos e materiais moi variados para realizar todo tipo de actividades creativas: robótica, costura, podcasts, baile, canto, estudo, xadrez, xogos de mesa, manualidades, peiteado... e todo o que poida saír da infinita imaxinación do noso alumnado.
Iremos compartindo por aquí, exemplos das diferentes actividades realizadas este curso escolar 2023 - 2024.

Distribuir contenido