Polo creativo

COMPARTIMOS O NOSO SABER E BO FACER ARTÍSTICO COAS NOSAS FAMILIAS

Na clase de 3 anos traballamos sobre as obras de Yayoi e Van Gogh e levamos os nosos cadros nun bonito libriño para compartilo coas nosas familias. Por medio de códigos QR podemos acceder ás obras de arte nas que nos inspiramos.

DÍA DA FAMILIA EN 1º DE PRIMARIA

No día da familia (15 de maio) o alumnado de 1º de EP realizou unha representación da súa familia que xa fixera en 6º de EI, a maiores, grabou un video contando quen é a súa familia para eles e porqué son importantes. Ese video está enlazado cun código qr e posto na portada do traballo.

TRABALLANDO CON ROBOTS

Alumnado de 4º de ESO exprora as posibilidades de varios robots dos da aula de Polos Creativos e intentan acadar o desafío de conseguir que bailen. A ver se o consiguen.

 

 

LECTURAS CON REALIDADE AUMENTADA

Na clase de segundo de primaria estivemos lendo un conto con ilustracións en realidade aumentada. Parecía que os personaxes cobraban vida!

USANDO A MÁQUINA DE COSER

Edte curso comezamos a usar a máquina de coser para elaborar disfraces para un proxecto de ciencias sociais. Ademais familiarizámonos un pouco máis co seu uso dentro das actividades da aula Maker. Agardamos poder seguir empregando esta ferramenta tan útil.

Distribuir contenido