Actividades de infantil

AVENTURA NO ESPAZO

Dentro do proxecto "aventura no espazo" comezamos centrándonos nas fases da lúa e os movementos desta e do planeta Terra. Empregamos Unha lanterna, que simulaba a luz solar, para comprobar os "cambios de forma da lúa" así como o " día e noite" no noso planeta. Tamén empregamos a aplicación BODYPLANET, para ver estas aprendizaxesnen Realidade Aumentada.

CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO

Para celebrar o dia da muller traballadora, ademáis de outras actividades, o alumnado de 3 anos traballamos co libro titulado: Cuando las niñas vuelan algo. Seguimos avanzando no noso esquema corporal e tamen no grafismo creativo.

A MÁSCARA DO LEÓN

E para celebrar o Entroido, outro conto. Desta vez: A máscara do León.  Con este conto tamén fixemos dúas actividades de grafismo. Unha foi facer a máscara do león, onde tiñamos que facer os trazos na follas da máscara. E despois colorear.

E na outra actividade do conto A máscara do león tiñamos que facer os trazos na melena do león e na cebra, a amiga do león.

DÍA DO BICO

Para celebrar o día do bico, a parte de outros contos, eleximos Sembrando Besos. Con esta actividade fixémonos unha foto igual que a protagonista do libro, sembrando bicos. E para sembrar tantos bicos como temos, fixemos un camiño con purpurina dourada. Mirade que espectacular nos quedou!!

Distribuir contenido