SAíDA AO LUGO ROMANO

Romano

 O alumnado de 2ºESO o 21 de outubro foron visitar o Lugo romano, conmerando este con roupa romana, quen quixo, para meterse máis na pel dos romanos. Visitamos a domus do Mitreo onde un amable guía nos explicou todo moi ben, despois fomos ao Museo Provincial onde vimos os mosaicos e os torques celtas. Despois baixamos cara as termas romanas e comimos preto da ponte romana un par de bocatas do comedor. Foi un bo día e tivemos a sorte de que non choveu.

AdjuntoTamaño
438F39BF-0629-402C-92D8-F33E43D8B674.jpeg2.03 MB