SAÍDA DE 4º DE ESO A QUIROGA, MONTEFURADO E PANTÓN

Despois de moitos meses sen sair do CPIP, o alumnado de francés e de latín de 4° ESO, foi de excursión. A xornada comezou cunha parada nos museos de Quiroga cunhas visitas guiadas por Ramón Vila, o experto da zona. Descubriron o museo xeolóxico e o museo etnográfico onde contestaron a un cuestionario en francés. Ao rematar probaron a famosa bica da pastelería Marisa e descubriron os murais pintados sobre as fachadas dos edificios da vila.

A continuación, achegáronse  a Montefurado para ver unha das grandes obras civis dos romanos para a explotación do ouro.

Para xantar, o alumnado fixo un picnic aproveitando o fermoso día soleado. 

Para rematar o día, foron a unha casa rural en Pantón, alí entraron nunha sala de xogo de escape onde puxeron a proba as súas habilidades e as súas competencias de francés e de latín solucionando enigmas. Foi emocionante e o alumnado quedou con ganas de repetir a experiencia!

 

Con todas esas actividades culturais e lúdicas, o día foi moi ben aproveitado!