A OLA DE REGA

Nas clases de Proxecto Competencial,  estamos a falar dos problemas de abastecemento de auga e  traballamos sobre a película A fonte das mulleres. 

Nese contexto, hoxe o alumnado  descubriu coa profesora de francés un obxecto cuxa existencia ignoraban. 

Trátase da "ola de rega".  As olas entérranse e permiten manter as plantas hidratadas a longo prazo, sen desperdiciar a auga durante os períodos de seca. 

É un invento francés en auxe que aínda é descoñecido aquí e que resulta moi útil para o uso eficiente da auga nos cultivos. Interésanos moito para as nosas hortas que sofren os efectos do cambio climático. 

 

Agora ímolo probar no noso horto e facer estudos comparativos!