Xerais do centro

Actividades do centro

PREVENCIÓN DOS ABUSOS SEXUAIS NA INFANCIA

Prevención de abusos sexuais na infancia dende as familias. Esta presentación de Genially é un conto interactivo que dunha forma lúdica e sinxela, axuda a previr o abuso sexual na infancia. O conto "Kiko y la mano", como saberedes, foi deseñado polo consello de Europa en 2011. Na presentación de Genially, engadímoslle o son da interpretación que compartíu en YouTube a asociación REA, unha asociación para a defensa da infancia e da xunvetude de Castela e León. Esperamos que vos sexa de utilidade.

DECORACIÓNS E FELICES VACACIÓNS

Dende o CPI Plurilingüe de Castroverde desexámosvos unhas felices vacacións e convidámosvos a que vexades a nosa decoración de Nadal. Premendo aquí  accederedes ás fotos.

Distribuir contenido