Actividades de primaria

FESTA DA LECTURA EN PRIMEIRO DE PRIMARIA

Terceira sesión de Lectura en Familia, un proxecto q se leva a cabo co alumnado e as familias de 1° de Primaria. Compartimos ás nosas impresións sobre o libro do mes "Que bonito é Panamá" e logo, entre todas, elaboramos un fermoso mural sobre a historia dos seus protagonistas.

FOTOS

INTERCAMBIO CON CASTRO VERDE DE PORTUGAL

As alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria estamos mantendo este curso un intercambio con alumnado de Castro Verde de Portugal (Centro Escolar nº 2). Enviamos a Castro Verde materiais relacionados co noso centro, o noso entorno e o coidado do mesmo, elaborados por nós. Ao mesmo tempo desfrutamos dos traballos que nos envían as alumnas e alumnos de Portugal. Está sendo unha experiencia moi positiva, estamos traballando con entusiasmo e aprendendo do que facemos e do que recibimos. Aquí mostramos algunhas das actividades.

TODO UN MUNDO DE PLASTILINA

Na entrada do edificio de primaria pódese contemplar unha mostra de figuras de plastilina que representan esceas históricas e do día a día. O artesano creador da mostra foi o noso compañeiro de sexto, Javier.

Distribuir contenido