Actividades de secundaria

TRABALLO SOBRE O DÍA DA CONSTITUCIÓN EN 3º E 4º DE ESO

Do 30 de novembro ao 7 de Decembro, conmemórase o Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia nos centros escolares. Os grupos de 3º e 4º da ESO recibiron formación, dentro da materia de Xeografía e Historia, sobre o  que é unha constitución, cando comezaron a redactarse e porqué e sobre a aprobación da Constitución Española na transición. Durante varias sesións, deseñaron un escape room: o grupo de 4º deseñouno para o de 3º e viceversa. Ambos grupos escolleron como fío condutor un secuestro do grupo terrorista ETA. Aínda que un escape room é un xogo e ten ese carácter lúdico, o tema do terrorismo tratouse de forma seria na aula, como require esta terrible lacra que padeceu o pobo español, incluíndo a visualización de noticias da época como o terrorífico atentado en Hipercor.

 

Este tipo de dinámicas educativas fomenta a aprendizaxe por descubrimento e combina a aprendizaxe de conceptos e a adquisición de diversas competencias como a dixital (deseñaron presentacións moi elaboradas en Genially, por exemplo), a competencia persoal, social e de aprender a aprender, a lingüística (estudaron o modo de expresarse do grupo terrorista nos seus comunicados, diversos artigos da Constitución Española, traduciron frases ao euskera...), competencia cidadá, competencia emprendedora  e incluso  algunha noción de costura para a realización dos disfraces.

ESCAPE ROOM: SALVEMOS A CONSTITUCIÓN

Este é un dos geniallys que deseñou o alumnado de 3º e 4º da ESO para o escape room que realizaron do día 7 de decembro. No primeiro cadeado a clave é 104, que é o artigo da Constitución ao que fai referencia a imaxe. A data da segunda constitución redatada no mundo é 1791, data da primeira constitución francesa. A última clave é o día que se conmemora cada ano a Constitución: 0612. O genially completábase con pistas repartidas pola aula.

https://view.genial.ly/6388783edf2e9600181cfb11/presentation-presentacion-digital-basica

 

 

VISITA AO CASCO VELLO DE LUGO

O luns 24 de outubro o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou unha visita didáctica por Lugo. Tras  un breve xogo de presentación na praza da Constitución, gozaron dunha estupenda visita guiada polo Vello Cárcere de Lugo, tras a cal participaron na identificación e análise de numerosas fachadas barrocas e neoclásicas de edificios senlleiros de Lugo (Capela de San Roque e San Sebastián, Igrexa de Santiago a Nova, Casa do Concello, Pazo Episcopal, Catedral, edificios da Praza do Campo, Igrexa de San Froilán e Cuartel de San Fernando). Ainda que houbo sorte co tempo, tivemos que comer nun parque infantil cuberto, debido á chovisca feble que caeu ao medio día. Coa educación que caracteriza ao alumnado de Castroverde, deixamos todo limpo e marchamos a Lucus Escape Room, onde entramos por quendas para relizar un divertido escape room.

 

 

 

Distribuir contenido