Proxecto de formación no centro

COORDINACIÓN CO IES LUCUS AUGUSTI

13/03/2014 17:25
13/03/2014 19:25

O Sr. director do IES Lucus Augusti, D. Rafael Coro López, estará no CPI de Castroverde dentro dunha sesión do Plan de Formación Permanente do Profesorado. Esta sesión de coordinación forma parte das actuacións que a comunidade está realizando para transformar o contexto educativo do noso alumnado nun espazo de altas expectativas.

Agradecemos ó Sr. director e ós departamentos didácticos do IES Lucus Augusti o trato recibido e o tempo e traballo que nos dedicaron.

Videoconferencia de Eva Sancho, directora do IPI Sansomendi

13/02/2014 16:40
13/02/2014 18:40

Videoconferencia de Eva Sancho na que explicará o proxecto de apadriñamentos (lectores, de laboratorio, etc.) que están levando á práctica no IPI Sansomendi.

CONFERENCIA DE SANDRA RACIONERO- Formación do voluntariado

15/01/2014 16:30
15/01/2014 19:30

O día 15 de xaneiro de 2014 terá lugar unha Conferencia da Dra. Sandra Racionero (Universitat Internacional de Catalunya). Sandra Racionero ten un dobre doutorado en Psicoloxía da Educación e Currículum pola University of Wisconsin-Madison.  

Poden asistir todas as persoas que estean interesadas. Tratará sobre  APRENDIZAXE dialóxica nas actuacións educativas de éxito.

Terá lugar no salón de actos do CPI de Castroverde a partir das 16.30 horas.

Conferencia de Lidia Puigvert

09/12/2013 16:30
09/12/2013 18:30

Videoconferencia da Dra. Lidia Puigvert, profesora da Universidade de Barcelona, membro de CREA.A conferencia tratará sobre Estratexias  para a prevención da violencia de xénero entre a xente nova e os adolescentes. Terá lugar no salón de actos a partir das 16.30.

Distribuir contenido