Novas

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS


Ven de publicarse no DOG do 16 de marzo, a Orde do 2 de marzo de 2015, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 17 de marzo e remata o día 16 de abril.

Máis información aquí

O COLEXIO NO MÓBIL: UNHA APLICACIÓN PARA AS FAMILIAS

O CPI de Castroverde é centro piloto para probar a nova aplicación para teléfonos móbiles que poden utilizar as familias: "abalarMóbil".

 

Esta aplicación xa está activa no centro e pódese descargar dende Play Store (se o teléfono ten sistema operativo Android) ou dende a Apple Store (se é un iPhone). Despois de instalada, a aplicación solicitará sempre un pin para asegurar a privacidade do usuario.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
Modificar o idioma da aplicación

Esta nova vía de comunicación será implantada máis adiante no resto dos centros educativos galegos.

Animamos aos pais e nais a descargar e instalar esta aplicación no seu teléfono móbil.

 

Na seguinte ligazón pódese acceder a máis información:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

As instrucións para instalar e utilizar a aplicación "abalarMóbil" está nesta GUÍA PARA AS FAMILIAS.

 

COMEZO DAS CLASES

As clases empezarán o día 10 de setembro en Infantil e Primaria e o día 15 en ESO.

CONVOCADOS OS CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN

No BOE figura a convocatoria dos Campus Científicos de verán para alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC.

ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LINGUAS EXTRANXEIRAS PARA ALUMNADO DE ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 680 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia de ESO e Bacharelato.
Accede á convocatoria se precisas máis información. O plazo de solicitude remata a finais de abril. 

Distribuir contenido