Skip to Content

Latín en feminino

Neste curso o latín é cousa de mulleres: cinco alumnas e a profesora. Esta visión feminina posiblemente afectará ao xeito de impartir as clases.

Para achegarnos á materia partimos dunha pintada que se conserva en Pompeia e na que se pode ler: "Hic habitat felicitas". Decidimos facer unha enquisa entre todo o alumnado de secundaria (e algún profesorado que se quixo sumar) para saber onde pensan que habita a felicidade. O resultado reflectímolo nun mural que expuxemos no recibidor de Tecnoloxía.

Resumo do protocolo COVID do centro

Para tratar de aclarar as dúbidas que lóxicamente xenera este inicio de curso tan singular, elaboramos un resumo do protocolo do centro que compartimos agardando que resulte de utilidade para toda a comunidade educativa. 

Agradecemos a vosa colaboración e comprensión nestes días complicados e agardamos que o curso que imos comezar se desenvolva con toda a normalidade que o contexto sanitario permita.

 

Modelo Declaración Responsable para descarga

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro curso 2020/2021

 

CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

 

Mércores 1 de setembro de 2021

Xoves 2  de setembro de 2021

Horas

Materias

Horas

Materias

9:00-11:00 h

Lingua galega

9:00-10:00 h

Inglés

11:00-12:00 h

EPVA/Tecnoloxía

10:00-11:00 h

Bioloxía e Xeoloxía/Música

12:00-13:30 h

Lingua castelá

11:00-12:00 h

Francés/Cultura Clásica/TIC

13:30-15:00 h

Matemáticas

12:00-13:00 h

Xeografía e Historia

 

13:00-14:30 h

Educación física

14:30-15:30 h

Física e Química

 

Admisión e matrícula curso 2021/2022 (con impresos para descargar)

Informamos do comezo dos prazos de matrícula, do 20 ao 30 de xuño para novo alumnado de Infantil e Primaria e do 28 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de ESO.

Os impresos e documentación están aquí a disposición para descarga e tamén se poden recoller na secretaría do centro.

 

Día mundial do medio ambiente

Co gallo do día mundial do medio ambiente, que se celebrou o pasado sábado 5 de xuño, compartimos con vós este video elaborado polo alumnado de infantil e primaria do centro.

Noticiario CPI O Cruce

Os nenos e nenas de 5 anos do Cpi O Cruce fan unha pequena escenificación do que lles gustaría ser de maiores

Distribuir contido


by Dr. Radut