Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (Curso 2021/2022)

Ábrese o prazo de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e para recibir axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. O prazo de presentación das mesmas é do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.

Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia

Para presentación electrónica, poden acceder á aplicación correspondente facendo clic aquí.

Para presentación presencial no centro (ou por rexistro): utilice os Anexo I e Anexo II  da Orde de convocatoria.

Manual de usuario para os cidadáns: enlace

Máis información | Fondo Libros

Unha visita europea

Como principio da fin do proxecto de Escolas Parlamentaria da UE hoxe recibimos unha visita moi especial: veu ao centro o eurodeputado do PSdG-PSOE Nicolás González Casares.
Contamos na mesma visita coa presenza do alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez García, e da deputada autonómica Begoña Rodríguez Rumbo, co que o alumnado puido achegarse aos seus representantes en case todos os ámbitos da política: local, autonómica e europea (faltou a representación estatal).
O eurodeputado comentou algúns aspectos significativos do funcionamento da Unión Europea e contestou algunhas preguntas do alumnado.
Entre as súas respostas cómpre salientar a defensa que fixo dos políticos como profesionais ao servizo do pobo e da política como ben necesario para a nosa vida diaria (a educación, a sanidade, a economía...).
A súa intención era, sen dúbida, atraer á xuventude cara á política para espertar o seu interese e lograr unha maior implicación pola súa parte: o que eles queiran ser, facer ou ter no futuro deberán defendelo dende agora mesmo.
Para rematar, o alumnado non se esqueceu de sacar o tema da oficialidade do galego, catalán e éuscaro no Parlamento Europeo, ao que Nicolás González respondeu de forma diplomática, como non podía ser doutro modo, mostrando a súa simpatía cara á iniciativa pero indicando as dificultades organizativas que isto suporía na UE.
En definitiva, unha interesante visita que sen dúbida deixará unha impronta no alumado e que agradecemos profundamente, tanto a González Casares pola súa dispoñibilidade e o seu tempo, como a todos os que fixeron posible a súa presenza.
 
 

"A pantasma que non sabía asustar": video-conto creado polo alumnado de 6º de infantil

Os nenos e nenas de 5 anos, no trimestre pasado inventamos un conto no que unha pantasmiña non sabía asustar. Agora, tamén o ilustramos cos nosos propios debuxos. Esperamos que vos guste!

"Aprender en igualdade": actividade de formación organizada pola ANPA

A ANPA organiza unha actividade de formación en liña: "Aprender en igualdade" o vindeiro venres 7 de maio entre as 17:00h e as 18:30h.

Aquelas persoas interesadas en participar deben solicitalo no correo electrónico correspondente para que lle fagan chegar unha ligazón para a conexión á actividade.

Mulleres que inspiran

Book titled 'Mulleres que inspiranAquí comeza o camiño'Read this book made on StoryJumper

De Cerceda ao Parlamento Europeo. O Cruce na CRTVG

Como sabedes a iniciativa do alumnado de 4º ESO para que as linguas cooficiais, catalán, euskera e galego, sexan recoñecidas como tales no Parlamento Europeo tivo moita repercusión mediática nestes días e moitos apoios traducidos en xa máis de 3000 sinaturas en Change.org.

Moitos foron os medios, de prensa escrita e de radio, que se fixeron eco da proposta e tamén a CRTVG veu ao centro a gravar unha reportaxe para saber máis do papel de alumnas e alumnos como embaixadoras e embaixadores do Parlamento Europeo e da iniciativa das linguas cooficiais en particular.  Podedes ver o vídeo completo premendo na imaxe sobre estas liñas.

Parabéns nenas e nenos, bo traballo!

Video de presentación do CPI O Cruce como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo

Distribuir contido


by Dr. Radut