Skip to Content

III Maratón de astropartículas en Cerceda

O xoves 15 de outubro celebrouse no CPI O Cruce a III Maratón de Astropartículas, organizada pola profesora M. Dolores R. Frías da Universidade de Alcalá de Henares e cofinancidada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT), con ponencias de Ramón Iglesias Marzoa, do observatorio astronómico de Javalambre en Teruel; Mario Gómez profesor na Universidade de Huelva e Luis del Peral profesor na Universidade de Alcalá de Henares.

Máis infor e fotos | Club de Ciencia, La Voz de Galicia e FECyT

O CPI O Cruce será escola embaixadora do Parlamento Europeo no curso 2020-2021

 

Seis centros galegos resultaron preadmitidos para participar no programa "Escolas embaixadoras do Parlamento Europeo", entre eles o CPI O Cruce. O programa ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria europea entre a xuventude. 

Consultar a listaxe de centros preadmitidos para o curso 2020-2021

Máis información | Programa escolas embaixadoras

Instrucións para solicitar axudas de COMEDOR

As solicitudes de axudas deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.

As familias que non  teñan posibilidades de facer esta tramitación, poden facela a través do centro, para iso deben  aportar  por vía telefónica  (de 9:30 a 13:30 h)  chamando ao telf: 881 880501 e/ou por e-mail:  cpi.cruce@edu.xunta.es  os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Se algunha familia non quere facilitar a conta bancaria pode autorizar  á Xunta a consulta de datos

O centro xa se encarga tramitalo

Información Curso 19-20

Enderezos eléctronicos do profesorado de ESO

 

Calendario Escolar 19-20 

 

A MATRÍCULA PARA 1º DE BAC EN ORDES É OS DIAS 7 e 8  de XULLO

Enlaces a materiais

Materais interesantes elaborados por profesorado do centro  ou nos que colaborou o centro

Distribuir contido


by Dr. Radut