VOTACIÓN 1º CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS:

Xa temos o resultado do 1º concurso virtual de cabazas!!!

Antes de nada, dar as grazas a todas as familias participantes, pola gran calidade das cabazas presentadas: vese moito traballo e moita orixinalidade!.

O equipo organizador do concurso estableceu tres categorías: Maquetas, Talladas e Orixinais, e decidiu dar un premio por cada categoría.

Foi moi dificil votar, pois habías moitas cabazas que chamaban a atención e que considerábamos merecedoras de premio, cada unha por un motivo diferente. De feito, nas votacións do profesorado, houbo ata 18 cabazas seleccionadas, a maioría con mais dun voto.

Finalmente, as que obtiveron mais votos nas diferentes categorías foron as dos seguintes alumnos e alumnas:

  • Categoría “Maquetas”: Izan C.V. 2º Educación Primaria.

  • Categoría “Talladas”: Empate entre Izán M. 2º Primaria e Diana 5º Primaria, polo que nesta categoría decídese premiar aos dous finalistas.

  • Categoría “Orixinais”: Idaira e Hugo V. - Infantil e 4º Primaria

Os premios daranse xuntamente cos premios do concurso de relatos de medo, que aínda está en período de participación.

Noraboa aos gañadores e gañadoras!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer