blogue deSusana
Visita fundación ABANCA
Enviado por Susana o Xov, 2021-12-30 18:03Os pasados 16 e 17 de Decembro de 2021, o alumnado de 1º e 3º da ESO da Materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, acudiron a Santiago para realizar dúas actividades:
Por unha banda, todos visitaron a exposición sobre "Mulleres da Vangarda" na Fundación ABANCA.
Despois, 1º ESO fixo unha gymcana artístico-xeométrica polas rúas da cidade vella.
Co alumnado de 3º ESO estivemos pola Alameda sacando fotos e aprendendo a identificar e realizar os diferentes planos e angulacións fotográficas.
Aquí deixo o enlace do vídeo da xornada no Museo:
RESULTADO 1º CONCURSO VIRTUAL DE DISFRACES
Enviado por Susana o Dom, 2021-03-14 15:15O xurado reuniuse a deliberar o pasado venres 25 de febreiro. As votacións foron moi complicadas, pois era dificil elexir gañadores na categoría de individual temática a auga, xa que había moita calidade e orixinalidade, tanto en alumnado de infantil coma de primaria.
Ao final, o xurado acordou que non podía determinar qué disfraz era mellor que os demais, e polo tanto, decidíu valorar e premiar o enorme esforzo que todas as familias fixeron para crear os seus disfraces co que tiñan nas casas. Con este veredicto, todas e todos os participantes neste concurso levarán un premio, acorde coas edades dos participantes. Os premios entregaránse ao final do trimestre.
Moitas grazas a todas e todos por participar!
VOTACIÓN 1º CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS:
Enviado por Susana o Ven, 2020-11-20 21:16Xa temos o resultado do 1º concurso virtual de cabazas!!!
Antes de nada, dar as grazas a todas as familias participantes, pola gran calidade das cabazas presentadas: vese moito traballo e moita orixinalidade!.
O equipo organizador do concurso estableceu tres categorías: Maquetas, Talladas e Orixinais, e decidiu dar un premio por cada categoría.
Foi moi dificil votar, pois habías moitas cabazas que chamaban a atención e que considerábamos merecedoras de premio, cada unha por un motivo diferente. De feito, nas votacións do profesorado, houbo ata 18 cabazas seleccionadas, a maioría con mais dun voto.
Finalmente, as que obtiveron mais votos nas diferentes categorías foron as dos seguintes alumnos e alumnas:
-
Categoría “Maquetas”: Izan C.V. 2º Educación Primaria.
-
Categoría “Talladas”: Empate entre Izán M. 2º Primaria e Diana 5º Primaria, polo que nesta categoría decídese premiar aos dous finalistas.
-
Categoría “Orixinais”: Idaira e Hugo V. - Infantil e 4º Primaria
Os premios daranse xuntamente cos premios do concurso de relatos de medo, que aínda está en período de participación.
Noraboa aos gañadores e gañadoras!
VINDEIRAS CELEBRACIÓNS
Enviado por Susana o Sáb, 2020-11-14 22:08As efemérides que quedan por celebrar neste trimeste, de xeito conxunto, son as seguintes:
1- 25 N - Día Contra a Violencia de Xénero:
Todo o alumnado virá ao colexio vestido de negro. Durante os días previos, farán nas aulas un corazon violeta co nome dunha muller víctima da violencia.
2- Nadal:
O alumnado deseñará unha tarxeta de Nadal nas súas aulas, e con esas tarxetas farase unha montaxe no Colexio.
1º CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS - 2020
Enviado por Susana o Sáb, 2020-11-14 21:54Para non esquecer as nosas tradicións, organizamos este mes un concurso virtual de Cabazas, e invitamos a todas as familias a enviarnos unha imaxe das súas cabazas decoradas.
Con todas elas montamos un vídeo, para que toda a comunidade educativa poda velas.
O vídeo atópase na canle do centro, e o enlace é o seguinte:
https://youtu.be/uGSSHZhr-Xg
En breve informaremos dos gañadores!!!