RESULTADO 1º CONCURSO VIRTUAL DE DISFRACES

O xurado reuniuse a deliberar o pasado venres 25 de febreiro. As votacións foron moi complicadas, pois era dificil elexir gañadores na categoría de individual temática a auga, xa que había moita calidade e orixinalidade, tanto en alumnado de infantil coma de primaria.

Ao final, o xurado acordou que non podía determinar qué disfraz era mellor que os demais, e polo tanto, decidíu valorar e premiar o enorme esforzo que todas as familias fixeron para crear os seus disfraces co que tiñan nas casas. Con este veredicto, todas e todos os participantes neste concurso levarán un premio, acorde coas edades dos participantes. Os premios entregaránse ao final do trimestre.

Moitas grazas a todas e todos por participar!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer