slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado para o curso 2023/24

O número de postos dispoñibles no centro é suficiente para atender a todas as solicitudes de reserva de praza de centros adscritos, polo que todas as persoas solicitantes dispoñen de posto reservado para o curso 2023/24.

Pode consultarse a listaxe publicada no taboleiro de anuncios do centro.

 

Reserva de praza para centros de Adscrición

Entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023, ámbolos dous incluídos, todo o alumnado que así o desexe, poderá presentar solicitude de reserva de praza para o curso 2023-2024, para o IES Macías o Namorado de Padrón, centro ao que está adscrito este colexio.

Toda a información: lexislación, prazos, tramitación, modelos de impresos, etc., esta a disposición dos interesados no seguinte enlace:

Procedemento ED550A sede electrónica

Para calquera dúbida, poderán chamar a este colexio 881.866.890, entre as 09:00 e as 14 horas, de luns a venres.

Instrucións con respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Achéganse as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer