Formalización de matrícula curso 23-24
Infórmase da próxima apertura dos prazos de formalización de matrícula, na táboa detállase a documentación que se precisa para cada ensinanza. O alumnado que cursa estudos no centro recibirá o último día lectivo un sobre con toda a documentación que precisa para formalizar a matrícula. Para o alumnado que procede de outros centros a documentación necesaria recóllese na seguinte táboa.
Educación infantil e primaria
- Libro Familia - Tarxeta sanitaria - Cartilla vacinas - DNI país/titores e do alumno (si o tivese) (*) En caso de presentar orixinais non será preciso que as copias sexan cotexadas.
(concello) |
Educación secundaria
- Libro Familia (cotexadas) - Tarxeta sanitaria - DNI dos país/titores - DNI do alumno (obrigatorio para os maiores de 14 anos) (*) En caso de presentar orixinais non será preciso que as copias sexan cotexadas.
(concello) |
Aberto o prazo para solicitar prazas de residencia en Centros residenciais docentes
O alumnado interesado en solicitar prazas de residencia en Centros residenciais docentes de A Coruña, Ourense e Vigo dispón da información sobre o procedemento de realización da solicitude na:
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e ESO para o curso escolar 2023/24
O prazo de presentación de solicitudes para participar na Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e ESO para o curso escolar 2023/24 estará aberto ata o 21 de xuño de 2023. O detalle da convocatoria pode consultarse no seguinte enlace.
Aberto o prazo para solicitar becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
O prazo para solicitar becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo está aberto do 08/05/2023 ata o 20/09/2023. Pode consultarse a información relativa ao procedemento no seguinte enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »