slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

Situación comedor escolar.

Estimadas familias.

No día de onte recibistes unha notificación do centro sobre o comedor escolar que quero explicar de forma detallada.

O luns 16 ás 14:45 comunícanme dende persoal non docente e sen deixar manobra que o noso cociñeiro cesaría nas súas funcións o martes 17 e que non contariamos con este persoal ata que se resolvera a nova persoa que ocuparía a praza, que pode ser de ata dúas semanas. Tras solicitar unha persoa que cubra a praza de forma provisional contéstanme que iso non se pode facer, porque non existe unha persoa á que substituír.

Durante a mañá de onte contactei con diferentes persoas da administración e ningunha dou solución de ningún tipo máis que agardar, algo que nos parece totalmente inadmisible e lamentable.

Pola tarde, como xa sabedes reuniuse o Consello Escolar e tendo en conta o aspecto económico tomamos as seguintes decisións.

1. No día de mañá o alumnado comerá normalmente como veu facendo sempre.

2. A partires do xoves o menú consistirá nun bocadillo con sobremesa.

3. Iniciar todos os contactos posibles e poñer en marcha diferentes medios de presión públicos para que a situación se arranxe o antes posible.

Hoxe mércores, despois de chamar por teléfono, enviar correos electrónicos e presentar diferentes escritos por sede electrónica, en varias ocasións e a diferentes servizos (persoal non docente, xefe de servizo de persoal non docente, vicesecretaría xeral técnica, subdirección de recursos humanos, servizo de apoio a servizos educativos, comedores escolares...) o xefe de servizo de persoal non docente garánteme que o venres estará resolto e o luns teremos cociñeiro ou cociñeira no centro.

Tras reunirme co equipo directivo e comunicarme coa ANPA para tomar unha decisión ante esta información decidimos:

1. O centro asumirá con recursos propios a mala xestión da administración para garantir que o resto da semana o alumnado do CPPI dos Dices poida comer en condicións decentes. Polo tanto, haberá menú xoves e venres tamén, pero será algo máis sinxelo que o que estaba previsto.

2. Esta situación excepcional non a poderemos manter durante máis tempo a nivel económico. Se a palabra dada non se cumpre, o luns teremos que proceder ao plan inicial de bocadillos.

3. Se o venres non temos adxudicado un cociñeiro para o luns procederemos a convocar ás familias para unha manifestación con medios de comunicación no centro coa finalidade de esixir publicamente que nos asignen un cociñeiro ou cociñeira.

Calquera tipo de cambio que se produza estes días procederei a comunicárvolo.

Novamente desculpas.

O director.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer