Plástica e Visual

OBRADOIRO DE LAND ART

O alumnado de 1º ESO A e B disfrutaron este curso dunha nova actividade: visitamos o obradoiro do escultor Camilo Seira, quen explicounos o seu proceso creativo. 

Despois de facer unha actividade de creación de texturas naturais co método do frottage, realizamos un obradoiro de Land-Art.

O resutado da experiencia queda documentado no seguinte enlace:

https://youtu.be/Bk6kjO_iHpw

 

ACTION PAINTING 2021-22

Esta actividade realizase todos os anos co alumnado de 3º e 4º da ESO.

Neste vídeo pódese ver o que fixo o alumnado neste curso:

https://youtu.be/-kYv52qBItw

 

Visita fundación ABANCA

Os pasados 16 e 17 de Decembro de 2021, o alumnado de 1º e 3º da ESO da Materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, acudiron a Santiago para realizar dúas actividades:

Por unha banda, todos visitaron a exposición sobre "Mulleres da Vangarda" na Fundación ABANCA.

Despois, 1º ESO fixo unha gymcana artístico-xeométrica polas rúas da cidade vella.

Co alumnado de 3º ESO estivemos pola Alameda sacando fotos e aprendendo a identificar e realizar os diferentes planos e angulacións fotográficas.

Aquí deixo o enlace do vídeo da xornada no Museo:

https://youtu.be/wrClFZWxcYQ

 

 

Programacións didácticas do Departamento de Educación Plástica e Visual 21-22

As programacións didácticas do departamento achéganse no ficheiro adxunto.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer