ANPA

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR 22/23: PISCINA BRIÓN

Para este curso 2022- 2023 desde ANPA ofertamos a actividade de
piscina concertada nas instalacións municipais do concello de Brión.
Achegámosvos unha FOLLA DE INSCRICIÓN para cumprimentar e enviar cuberta vía e-mail - anpasanisidro@gmail.com - ou Whatsapp - 658-978726 - ANTES DO 10 DE SETEMBRO.
O sistema de facturación da Actividade de piscina é a través de domiciliación bancaria e cobro por trimestres. Se nalgún momento queredes dar de baixa ao voso/a fillo/a tedes que facelo antes do día 20 do mes anterior ao inicio do trimestre de cobro. De non ser así procederase á facturación do trimestre completo. Informamos que no caso de producirse algunha devolución dos recibos mensuais o cobro terá un recargo de 4 € en concepto de comisións bancarias.
Intentarase que as actividades comecen o día 3 de OUTUBRO e rematarán co curso académico 2022/2023, no caso de que non se forme grupo dalgunha poñerémonos en contacto coas familias para informarvos doutras alternativas.
Todos os participantes en actividades terán un seguro de accidentes que vai incluído no prezo da mesma.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR 22/23: PISCINA BRIÓN

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer